domingo, 11 de junio de 2017

5º e 6º DE PRIMARIA



Proxecto interdisciplinar no que interveñen as áreas de matemáticas, língua galega, plástica e ciencias sociais.
O contexto desenvólvese nas aulas abalar, na biblioteca do centro e no patio do
colexio.
Recursos: ordenadores, tablets, libros, instrumentos de medida...
O proxecto divídese em 3 tarefas:
1º Investigamos sobre o noso pátio.
2º Deseñamos o pátio dos nosos soños para facelo realidade.
3º Facemos o noso patio realidade.

TAREFA 1: INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO PATIO

COMO NOS GUSTARÍA QUE FOSE O PATIO DO NOSO COLEXIO?
Por parellas facer “un plano” do patio que nos gustaría ter e explicar oralmente aos compañeir@s argumentando as ideas.


PLANO DO PATIO QUEUEREMOS
En gran grupo empregando o EDI observamos o colexio con “Google earth” e o medimos coa regra virtual, individualmente repetimos o procedimento e abrimos un procesador de texto para pegar unha captura e calcular a área e o perimetro do patio do colexio cos datos de google earth.

Por grupos baixamos ao patio a medir o perímetro. Unha vez na clase, individualmente no documento anterior calculamos o perímetro e a área cos datos recollidos no patio e en grupo os comparamos cos datos dixitais. Despois en gran grupo, cada portavoz vai dicindo os datos do seu equipo e entre todos observamos quen se aproximou máis ou menos aos datos dixitais.
   




En equipo pensamos  que escala poderíamos usar para debuxar o plano do colexio nun folio A4, debatimos e decidimos como explicar ao resto dos grupos. Despois en gran grupo cada portavoz explica porque emplean esa escala. Despois individualmente debuxamos o campo do colexio cunha escala numérica e gráfica e indicamos a orientación.


Cada equipo mide unha zona distinta do patio ( campo fútbol, baloncesto, patio cuberto, areneiro, parque e xardineira da entrada) e a debuxamos a escala. E por equipos calculamos a altura do colexio cun espello, despois facemos unha posta em común para observar se coinciden as medidas.












TAREFA 2: DESEÑAMOS O PATIO DOS NOSOS SOÑOS PARA FACELO REALIDADE

Pensamos que diferentes zonas/espazos por temáticas podería ter o noso patio. Empleamos un folio xiratorio para contestar a pregunta analizando pros e contras de poder ter ese espazo no noso patio e facemos un esquema cos espazos e os sus obxectos, despois en gran grupo cada portavoz di os espacios/zonas do seu grupo e entre todos decidimos investigar sobre os 4 que máis nos gusten, e sorteamos un por cada equipo.





Cada equipo investiga sobre os xogos dos espazos elexidos e preparan unha presentación para realizar unha exposición oral.
Despois de escoitar todas as exposicións  eleximos as zonas do nosso pátio. En asamblea votamos as zonas que máis nos gustaron, eleximos as zonas que terá o noso patio aportando as propostas de mellora.






En gran grupo, empregando un programa de presentacóns”PREZI”, facemos un proxecto de cómo será o patio dos nosos soños, con imaxes, normas de cada espazo, instruccións…
Organizámonos e preparamos a exposición do patio dos nosos soños para defender na asamblea xeral con todo o colexio.


  1. FACEMOS A MAQUETA A ESCALA EN 3D CON SILICONA:
Mentres traballamos noutra cousa en pequenos grupos imos construíndo a nosa maqueta.















PROXE

TAREFA 3: FACEMOS O PATIO DOS NOSOS SOÑOS REALIDADE
Despois da asemblea xeral onde cada curso defendeu a súa maqueta, o consello dos nen@s deliberou e decidiu as zonas de cada maqueta que faremos realidade. Así que tocounos a zona de xogos tradicionais e de mesa e a zona artística que faremos cooperando con 5º e 6º de educación infantil.
CREAMOS UN PLAN DE ACTUACIÓN E UNHA LISTA CO MATERIAL NECESARIO.
En gran grupo organizamos que vai facer cada curso e cando. Nun calendario do mes de maio planificamos e repartimos por días o traballo e facemos unha lista co material necesario. 




 











INDIVIDUALMENTE CALCULAMOS A SUPERFICIE E O PERÍMETRO DO TABOLEIRO DE XEDREZ E POR EQUIPOS DELIMITAMOS CON CINTA NO PATIO PARA QUE PINTEN OS PEQUENOS.
Individualmente a través da superfície dun cadrado do taboleiro de xedrez calculamos á área total e o perímetro. Despois en grupos baixamos ao patio para debuxar e delimitar o taboleiro com cinta de carroceiro para que os pequenos pinten.

DEBUXAMOS UN TABOLEIRO DE PARCHIS E DILIMITAMOS PARA QUE PINTEN OS PEQUENOS
Facemos 9 cadrados iguais, as catro dos extremos serán as casillas de salida e o resto o camiño. Para formar o camiño dividimos de forma horizontal en tres partes as casillas da esquerda e a dereita, e logo facemos 6 liñas verticais para dividir cada casilla en 21 rectángulos.
Unha vez que teñamos a cuadrícula acabada, trazamos dúas diagonais no cadrado central para construír os triángulos no que se gardarán as fichas que cheguen á meta. Os pequenos numerarán o taboleiro e daranlle cor. Delimitamos com cinta para que os pequenos pinten.












EN GRAN GRUPO FACEMOS UM COMPÁS PARA TRAZAR CUNHA XIZ UN LABIRINTO E DELIMITAMOS COM CINTA PARA QUE PITEN OS PEQUENOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario